xaneiro 30th, 2008

Midnight Surprise. :O


Grabando..

Aquí Simón.

Tomei un descanso, un break entre estudo e estudo e aquí ando, que ja me esquezera deste blogue.

Nom moitas novidades, agás que Artefactos ja temos a maqueta (a boa) preparada a piques de sair e que ando de exames de fevereiro ja.

Chequeade:
Biffy Clyro.
Lightspeed Champion.

Recomendo ‘Machines’ dos primeriros; e ‘Midnight Surprise’ dos segundos.

Ando na procura de baixista e guitarrista (ainda que Alex ja conta como guitarrista, penso) para novo grupo. Ten que ser unha tolería, así que tal.

Ja é entroido. Nom me disfrazarei que hai exames. Putada. Ou se cadra sim. Qui lo sa?

Ale!

decembro 19th, 2007

Estrésssssss.


San Lázaro, 29-Dez-2005. Cantas risas.

Pois sim… cajondiola…

Exame de dezembro aí aí á volta da esquina.

Imos rezar para que saia bem, desta vez SIM.
Días de axetreo entre estudos, mercar agasallos a seres queridos e parientes…
Por outra banda ja está aquí, xa chega, xa vén…. o ansiado partido da Selección Galega en Balaídos.
[Na foto, San Lázaro (Compostela); esa nuite estabamos nós e foi irrepetíbel.. haha.]
Cruzo o paso de peóns e aí estou. Contra Camerún… e o próximo?.. Quizabes Andorra? País de Gales? BRASIL? Imaxinade-vos que Xurxo Otero cubre a Kaká… que o Chino Losada lhe fai un cano ao Roberto Carlos. Nom tería prezo.

Bon Nadal!

decembro 10th, 2007

Os de sempre.


Os catro de sempre no Porrón o venres.

Vaia langráns e lampantíns.

Aghora, a estudar e despois… montarémo-la de novo.

Hala Celta ostie; o partido do século i eu nom fun. Merda de exames.

decembro 9th, 2007

Volvem.


Kevin Shields, dos My Bloody Valentine.

Volvem. Os máis que míticos My Bloody Valentine voltan aos escenários 16 anos despóis do seu último concerto.

Será, isso si, soamentes no Reino Unido; namentres, agardamos a que saquen o seu novo material de estudo.

Abofé que pagará a pena. Póde-se contamplar a opción de ir a Glasgow e velos por alí.

Por certo, Hala Celta.

Cada vez máis preto.

decembro 8th, 2007

Urban Hymns.


The Verve.

Día chuvioso.
Día galego; día celta.

decembro 7th, 2007

“La cara b.” Ilustracións.


“I’m crazy for you.”

La_cara_b adícase á ilustración, o graffiti e os stickers. La_cara_b é parte do traballo das Indestructibles de Coyama e Ex-Paper-Cuts. Recentemente a Universidade de Tsinghua, na China, adquiriu unha das súas obras/exposicións para os seus fondos, a cal participará na exposición coletiva itinerante “Ciudad Prohibida” que se realizará en Pekín e Valencia simultaneamente ao longo do vindeiro 2008. Atoparás máis fotos e info dos seus proyectos en:

Myspace:  http://www.myspace.com/la_cara_b
Flickr:  http://www.flickr.com/photos/la_cara_b/

decembro 7th, 2007

Irish pub dos meus amores…

Día tranquilo. Día quedo, si senhor.

Descansei, durmín bastante que boa falta me facía… e nom é que fixera gran cousa o resto do día pero ao cabo fun ao hospital a visitar a Sara, a afillada de meu pai. Estivo enferminha este último mes, foi un bo susto pero gracinhas que non foi nada. É moi ruliña, ai non.

Logo, unha boa e agradable tarde cos pais no Irish pub de Rosalía de Castro e visita obrigada a Elena e mais ao Lobi, sempre cerveja de por meio.

Manhá toca un chisco de clase, un BO CHISCO de estudo e unha dessas noites memorábeis.

Deica!!

decembro 6th, 2007

Ola Mundo!

 

Ola Mundo! Asi reza esta primeira entrada…

Boeno, ando por eiqui dado que meu mais que bo amigo Alex propúxome a ideia e nom está nada mal… Pois nom moito mais que contar… en breve saberedes algo máis de min.

Ah! Eu son Simon, e ti? Xa és do clube??

Patilhas.
Yeah.